miércoles, 10 de junio de 2015

Vencer a ansiedade polos exámenes.

Síntomas como a dor de estómago, cansanzo, dor de cabeza e ata náuseas en época de exámenes son os síntomas da ansiedade provocados polos exames que se manifestan fisiolóxicamente. Varios expertos da universidade de Salamnca plantéannos estes consellos para non perder atención e a concentración. 

A ansiedade lévanos a mordernos as unllas, a comer demasiado ou todo o contrario e ata a acentuar os tics nerviosos tales como o movemento das pernas de forma incontrolada. Isto é cando a ansiedade se volve irracional provocando unha perocupación excesiva e constante. 
Para evitar isto recomendanche:

1. Controlar a respiración, de forma completa ou profunda. É o primeiro que debemos practicar e a base de entrenamento conseguiremos aprender a respirar adecuadamente.

2. Relaxación progresiva, que consiste en tensar e soltar certos grupos de músculos que conseguen activar o sistema nervioso parasimpático. Aplicando unha tensión inicial nos músculos permite que logo alcancen un nivel maior de relaxación ao soltalos, que conduce a un estado de relaxación máis acentuado.

3. Rastrear os nosos pensamentos que nos perturban e nos impiden rendir adecuadamente. Localizalos.

4.Unha vez localizados (por exemplo, este exame vaia a ser moi complicado), cuestionarnos a mensaxe e pensar se nos resulta útil ou  non pensar desta forma. E discutindo con nós mesmos chegaremos a un pensamento alternativo neutral que non nos provoque ansiedade (Por exemplo: non teño idea de como será o exame, así que... a estudar!)

5. Cando teñamos localizados os pensamentos debemos paralizalos por completo e sustituilo por un pensamento positivo.


viernes, 29 de mayo de 2015

Identifican o "Talón de Aquiles" do ébola.

Un equipo de científicos da Universidade de Yeshiva en Nova York e o Instituto de Investigación Médica de Enfermidades Infecciosas, identificaron mediante un experimento con ratóns de laboratorio, unha vía molecular para bloquear que o virus do ébola poda entrar nas células. 

No experimento, os científicos partiron do coñecemento de que o virus se aproveita da proteína NPC1 para introducirse no citoplasma das células, xa que esta axuda a transportar o coresterol dentro da célula. Asé traballaron con ratóns que contaban con dúas copias intactas do xen NPC1 e con ratóns que non tiñas as copias do xen, para confirmar que a proteína era ou non esencial na infección do ébola. 

O resultado ao inocular o virus foi que aqueles que tiñas as dúas copias intactas do xeninfectáronse de inmediato, e os que non posuían as copias, estuveron protexidos contra a infección. 

Creen que o NPC1 pode ser unha especie de "talón de Aquiles" para a infección polo virus do ébola. Os ratos que carecían das copias eran completamente resistentes á infección.

O único inconvinte é que as presoas que carecen de este xen a causa dunha mutación xenética, desarrollan un trastorno neurodexenerativo chamado "Enfermidade de Niemann-Pick", no que as células se bloquean co coresterol e finalmente morren. 

Ademáis, durante o experimento, os investigadores observaron que unha soa copia do xen facía tamen ao ratos resistentes, ainda que non se forma xeral, polo que os fármacos que interfiren na interracción do ébola, poderian proporcionar algún exercicio. 


viernes, 8 de mayo de 2015

Atmósfera alterada polo terremoto de Nepal

Un software desenvolvido polo Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA, en Pasadena, California (EUA) descubriu que o terremoto de magnitude 7,9 na escala Richter que sorprendeu e asolou Nepal o pasado 25 de abril creou ondas de enerxía que penetraron na atmosfera superior da Terra, o que perturbou a distribución de electróns da ionosfera ou termosfera, a zona da atmosfera terrestre ionizada permanentemente debido á fotoionización da radiación solar.

As perturbacións foron controladas mediante os sinais transmitidos polo Sistema de Posicionamento Global(GPS) e recibidos por un receptor GPS situado nunha rexión veciña a Nepal.As medicións desta rexión da atmosfera que está situada entre 60 e 1.000 quilómetros sobre a superficie da Terra foron filtradas con este software de procesamento da NASA e mostraron a distribución -e perturbación- dos electróns da ionosfera.

Os datos revelan que tras a ruptura do terremoto inicial houbo un período duns 21 minutos ata que a perturbación ionosférica provocada polo terremoto chegase a unha estación de GPS situada a uns 640 quilómetros de distancia do epicentro no Tibet (China).

Grazas a este tipo de información os científicos poderán chegar a planificar futuros sistemas de alerta para poder responder con antelación a calquera perigo de carácter natural difícil de detectar como unha erupción volcánica ou un tsunami.

Crean músculos artificiais.

Un equipo de investigadores da Universidade Nacional de Taiwán conseguiu crear un músculo  artificial fabricado a partir de células de cebola. Este innovador tecido que pode expandirse ou contraerse con facilidade dependendo da tensión aplicada.

El objetivo inicial era desarrollar una microestructura mediante ingeniería en músculos artificiales para aumentar la deformación de actuación [la cantidad que el músculo puede doblarse o estirarse cuando se activa]Un día, vimos que a estrutura celular da cebola e as súas dimensións eran similares ao que estiveramos a facer", aclara Wen-Pin, líder do estudo.

Para conseguilo, os científicos pensaron que as células epidérmicas da cebola poderían servir de ferramenta para crear un músculo máis versátil que os desenvolvidos ata o momento (que non poden dobrarse ou contraerse ao mesmo tempo, senón só realizar unha acción cada vez, nun só sentido).O obxectivo era crear un músculo artificial que ao dobrarse, se expandise ou contraxese sen problema.
Para iso, utilizaron as células de epidérmicas da cebola ás que trataron con ácido para eliminar a hemicelulosa, unha proteína que provoca que as paredes sexan ríxidas; máis tarde, revestiron ambos os dous lados da capa de cebola con ouroO resultado foi todo un éxito: ao fluír a corrente a través dos electrodos de ouro, as células de cebola dobrábanse (cunha baixa voltaxe) e estirábanse (cunha alta voltaxe) como un músculo "natural".


lunes, 27 de abril de 2015

Manipulan o ADN dun embrión para curalo

Reino Unido aprobou pasado mes de febreiro unha técnica de reprodución asistida que se baseaba na utilización do ADN de tres persoas (con óvulos de dúas mulleres e o esperma dun home) para evitar que ningún bebé naza con enfermidades transmisibles, sobre todo aquelas incurables como a síndrome X fráxil, unha enfermidade xenética rara.

Esta edición xenética borra dun plumazo o debate ético que si apuntaba á técnica de reprodución asistida de Reino Unido polo feito de contar con ADN de alguén máis que non fosen os futuros pais. Pero, a pesar de eliminar este debate ético en concreto, abre un novo: a posibilidade de poñer en práctica o ADN á carta".Esta demostración confirmada de que se pode cambiar o material xenético dunha persoa non só levaríanos a corrixir ou erradicar enfermidades transmisibles senón que poderiamos conseguir que os bebés fosen máis altos, que tivesen os ollos azuis, que foran máis intelixentes.

Neste caso concreto os científicos non editaron o ADN nuclear; unicamente se borrou selectivamente o ADN mitocondrial mudado tanto en óvulos coma en embrións de ratos, descubrindo que unha vez nacidas as crías, todas elas naceron sas. Como opera a técnica? A técnica funciona coma se dunhas tesoiras moleculares se tratase, empregando nucleasas que detecta o ADN alterado e o corta. Este corte non elimina todas as copias mudadas pero si as suficientes para asegurar unha descendencia sa.

Este fito en medicina, que polo momento foi probado con éxito en ratos (o seguinte paso será probalo en seres humanos), foi publicado na revista Cell. A súa posta en práctica nos humanos podería previr, antes de nacer, enfermidades hereditarias como o cancro, a diabete ou as enfermidades neurodexenerativas.



O que agocha o volcán Yellowstone

.A pesares de que os científicos aseguran que só hai unha posibilidade entre 700.000 cada ano de que entre en erupción, o supervolcán que durme no Parque Nacional de Yellowstone (E.E.U.U.) alberga unha cantidade enorme de magma. De feito, moito máis do que crían, segundo confirma un estudo.

Sismólogos da Universidade de Utah comprobaron que a unha profundidade de entre 19 e 45 kilómetros bule unha reserva, que poderia encher once veces o Cañon do Colorado.

En comparación, a cámara margmática máis superficial, o colmaría 2.5 veces. Outro dato revelado pola investigación é que o magma da nova reserva só contén un 2% de rocha fundida, mentres que o resto é rocha sólida, esponxosa e quente. A cámara superior está composto por un 9% de rocha fundida. 

Os expertos insisten en que non aumentou o risco de que Yellowstone desperte; só se conocen mellor os seus interiores, ou a "instalación de fontanería", como o definen os autores do traballo. A cámara subterránea explicaría, por exemplo, a emisión de CO2 á superficie a través do solo ou os geiseres do parque.

Estes resultados obtubéronse analizando as ondas de miles de terremotos, o que permite medir as densidades das rochas subterráneas.




viernes, 24 de abril de 2015

O cannabis provocan falsos recordos.

Excederse co cannabis provoca  naqueles que o conosomen, unha distorsión acentuada dos recordos, facendolles creer que pasaron por situacións que distan moito de parecerse ás reais; isto é, o consumo excesivo e crónico desta substancia psicoactiva, xera falsos recordos, Segundo un estudo español da Universidade Autónoma de Barcelona.s

Os problemas de memoria asociado ao consumo do cannabis non son novos, e conclúen que os consumidores desta substancia tamén teñen maior predisposición a experimentar recordos ficticios.
"Un fenómeno habitual é ter falsos recordos da infancia, que creemos recordar porque as persoas do noso entorno contaronnolas moitas veces".

Os científicos contaron ca participación dun grupo de consumidores crónicos de cannabis e un grupo de control. Todos se someteron a unha proba de memoria con palabras que tiñan que aprender. Tras uns minutos memorizándoas, os voluntarios viron as palabras antigas xunto a palabras novas tanto relacionadas semánticamente con as primeiras como sen ningunha relación. Os participantes tiñas que recordar que palabras pentencían ao primeiro grupo.

Os resultados, contrastados con probas de imaxen por resonancia magnética mentres realizaban a proba, revelaron que os consumidores de cannabis creían ter visto as palabras que estaban relacionada semánticamente coas da primeira lista con maior frecuencia que o grupo de control. Ademáis, os escáners cerebrais mostraron unha menos activación nos cerebros dos consumidores de cannabis na zona asociada ao procesamento dos recordos e ao control dos recusos cognitivos.

A investigación demostra que os consumidores de cannabis sofren as consecuencias desta droga nos mecanismos cerebrais que nos facilitan a distinción entre todo aquilo que é real e o que non o é. Este negativo efecto perdura ainda semanas despois de cesar o consumo, segundo o estudo.

martes, 21 de abril de 2015

Por que prenden unhas persoas máis axiña ca outras?

Un equipo de científicos das universidades de Pennsylvania, California en Santa Bárbara e Johns Hopkins realizaron un experimento co obxetivo de encontrar a resposta a esta pregunta.

Contaron cun grupo de participantes que mentres aprendian a xogar a un sencillo xogo de notas e cores, os expertos medían as conexións en distintas áreas do cerebro. Os voluntarios tiñan que reproducir as secuencias de notas a través de uns botóns tan rápido como puideran en base a uns códigos que aparecían na pantalla. unha vez acabado o experimento, pideuselle a cada un que practicase na casa durante seis semanas.

Ás dúas, catro e seis semanas, realizáronse probas para observar o avance na práctica do xogo e o cambio no seu cerebro. Así, algúns dos participantes aprendían nunha velocidade inesperada as secuencias musicais e outros aprenderonas dunha forma moito máis gradual.

Os escáners cerebrais revelaron que a actividade neuronal dos primeiros (os que aprenderon máis rápido) era diferente á do segundo grupo que necesitou máis tempo para eso. Concretando, as rexións de procesameno visual e motor presentaba unha alta conectivifdade durante os primeiros ensaios, pero a medida que avanzaba o experimento, ambas zonas ibanse volvendo máis autónomas. Nos participantes que aprenderon máis rápido constatouse unha diminución da actividade neuronal na corteza frontal e na corteza cingulada anterior, ambos vinculados ao que se conoce como función executiva.

A función executiva define habilidades cognitivas como a autorregulacion das tareas, a capacidade para desempeñarlas de forma adecuada. a formación de plans, a anticipación e establecemento de metas ou o inicio de actividades.

Así, o experimento revelouque a deconexión da función executiva pode axudar a aprender outro tipo de tareas. Son as persoas que poden apagar a comunicación de esta parte do seu cerebro máis rapidamente as que presentan tempos de aprendizaxe máis cortos, explica o coautor do estudo.




Dez razóns para dormir desnuda/o.

1. Durmir nunha habitación fresca, produce a activación da grasa marrón (queima calorías pra obter calor) axudando a perder peso a un ritmo máis rápido ca nunha habitación cálida.

2. Certos tipos de insomnio asociáronse a unha mala regulacíón da temperatura corporal. Ao durmir con pixama, aumenta a nosa temperatuda corporal e inhibe a chegada do sono profundo. Durmir sen roupa axuda a que o sono sea plácido e reconfortante, xa que o noso cerebro traballará tranquilamente. 

3. Durmir pel con pel libera oxitocina, o que provoca que nos despertemos mellor ao día seguinte, con mellor humor e con máis apetito sexual. A liberación da oxitocina produce, ademáis, unha reducción da presión arterial, unha mellora da motilidade intestinal e alivia o estrés.

4. As hormonas anti-envellecemento e a melatonina(que axuda a redular o ciclo do sono), libéranse moito máis facilmente se temos unha adecuada temperatura corporal, e a mellor forma de manter a tempertatura corporal por baixo dos 21ºC é durmir desnudo.

5. Durmir desnudo regula os niveis de cortisol que prevén o aumento de presión arterial e coresterol, o apetito, as interrupcións de sono ou a baixada da líbido. Cando durmes con pixama ou baixo mantas pesadas impides a liberación da hormona de crecemento, polo que se obstaculiza o proceso de reparación nocturna de osos, músculos e pel.

6. Durmir sen pixama reduce infeccións tales como fungos. Os fungos vaxinais aman os ambintes húmidos cerrados e cálidos, así que é recomendable levar roupa solta ou preferiblemente non levar nada en absoluto. De cara aos homes, durmir desnudo mellora a fertilidade grazas a que os testículos manteñen unha temperatura adecuada.

7. A mellor estratexia para persoas con problemas de autoestima a causa do seu físico é durmir desnudo. ESte xesto axuda a mellora da confianza e a autoestima ao acostumbrarnos a ver o noso corpo tal e como é cada noite ao irnos durmir.

8. As tiras elásticas dos pantalóns e dos tobillos do pixama, os puños das mangas ou os plegues nos camisóns provoca unha mala circulación do sangue  en todo o noso corpo. PRa evitalo, non hai nada mellor que desprenderse do pixama.

9. Un estudo conclueu que durmir nunha habitación fresca diminúe o risco de sufrir diabetes. O experimento determinou que as persoas que mantuveron unha temperatura fresca estable durante o descanso presentaba unha maior estabilidade dos niveis de azucre en sangue e unha mellora na sensibilidade á insulina.

10. Aforras o coste da compra do pixama tanto como a electricidade e a auga que tras pasar pola lavadora desaparece se cada noite durmes a perna solta sen el. ¿Canto poderías aforrar ao ano se dormes sen pixama?



martes, 14 de abril de 2015

Epidemia de cancro entre ameixas.

O un grupo de científicos investigaron as causas do cancro que leva afectando durante décadas ás ameixas que viven na costa de Norteamérica. E ao parecer, os bivalvos contáxianse como se de unha gripe se tratase.

Ao analizares o ADN das células malignas, os expertos comprobaron que non pertencían aos individuos afectados polo cancro, se non que todas procedían dunha soa meixa, é dicir, o primeiro caso da epidemia. Todas as células canceríxenas, sorprendentemente, son idénticas, independentemente do lugar de donde se recolectasen, como explican os autores do informe na revista Cell. Ingórase se estas células, cunha notable capacidade de supervivencia unha vez que abandoasen o organismo enfermo, tamén poden invadir a outras especies de moluscos. 

Ata agora só se documentaron outros dous casos de contacio de cancro de cáncer na natureza: un tipo de tumor transmitido mediante o contacto sexual ente cans e un cancro facial que afecta ao demonio de Tasmania e se inocula a través mordiscos.  



martes, 17 de marzo de 2015

Venres 20 de marzo. Eclipse de Sol.

O venres 20 de marzo de producirá un eclipse total de Sol con o que Europa despedirá o inverno e dará paso á primavera que comeza ese mesmo día as 23:45. A pesares de que non en todo o planeta se verá de forma total, polo menos sí que será visible en Europa, Groenlandi,noroeste deÁfica e nosoeste de Asia.

Se queremos presenciar este fenómeno en todo o seu esplendor e a zoa onde vivimos non é unha das agraciadas para a mellor observación, un equipo de astrónomos do proxecto europeo Gloria, liderado polo astrónomo Miguel Serra-Ricart, observará e transmitirá a través de Internet  o espectacular fenómeno que durará exactamente 2 minutos e 47 segundos. O eclipse comezará en España ás 9:05 e acabará ás 11:18. Os case 3 minutos esperados chegaran ás 10:09.ç

A mellor zoa para velo en España será en Galicia (que chegará a ocultarse o 50% do Sol) e a peor en Canarias.

Os expertos explican que a causa de que o Sol irradia gran cantidade de enerxía, se se observa o desarrollo do eclipse sen as debidas precaucións, a radiación ultravioleta e infravermella pode provocar graves lesións oculares (ata cegueira temporal ou crónica). Desaconséllade ademáis o uso de radiografías, negativos fotográficos ou simples gafas de sol. Os métodos aconsellados son: filtros solares, filtros Mylar, cristais de soldadura con alto factor de protección ou observar o eclipser proxectándoo nunha pantalla utilizando un telescopio, por exemplo.

Este eclipse conta tamén con unha peculiaridade extra, xa que, segundo os rexistros, que desde 1999 non se producía un eclipse total de Sol de estas características no continente europeo. O seguinte eclipse solar visible desde España terá lugar o 21 de agosto de 2017.


lunes, 16 de marzo de 2015

O océano de Ganímedes.

Cada vez obtemos datos máis fiables sobre os posibles "mundos habitables". Agora, segundo o telescopio Hubble da NASA, Ganímedes, a lúa máis grande de Xúpiter, conta cun océano subterráneo de auga  salgada e a cantidade de auga é tal que incluso supera tpda a auga que a Terra ten na súa superficie. 

Este descubrimento presenta un "hito significativo" segundo comenta Jonh Grunsfeld, administrador adxunto da Dirección de Misións Científicas da NASA. "Nos seus 25 anos en órbita, Hubble fixo moitos descubrementos cientícos no Sistema Solar. Un profundo océano baixo a corteza xeada de Ganímedes abre posibilidades moi interesantes para achar vida fora da Terra".

Ganímedes non destaca só por ser a lúa de máis tamaño de Xúpiter, tamén é a únida co seu propio campo magnético á par que a de maior tamaño de todo o noso Sistema Solar. O campo magnético provoca que as auroras circulen polas rexións dos polos norte e sur do satélite.

 Segundo as estimacións dos científicos, ese gran océano subterráneo tería uns 100 kilómetros de profundidade (10 veces máis profundos que os océnanos da Terra) e se encontraría a uns 150 kilómetros por debaixo da corteza de xeo de Ganímedes.

viernes, 13 de marzo de 2015

Xenes do autismo, relacionados coa intelixencia.

A pesares de que o 70% dos autistas padecen unha minusvalía intelectual, algúns non só conservan a súa intelixencia verbal, senon que as veces é superior á media, algo que sempre intrigou aos expertos.

Agora, un grupo de investigardores das universidades de Edimburgo e Queensland analizaron o ADN de 10.00 escoceses á vez que se lles realizou probas para evaluar as súas capacidades cognitivas. Así comprobaron que as persoas sáns con peculiaridades xenéticas asociadas ao autismo sacaban mellores puntuacións nos tests. 

"Sospeitábase que existe unha relación entre o autismo e unha función cognitiva superior, como poñen de manifesto o chamado "Síndrome de Silicon Valley" e moitas historias do cine e a literatura popular. Esta investigación suxire que os supostos xenes do autismo confiren efectivamente unha lixeira ventaxa intelectual a o seu portador cando non sofren o trastorno" explica Nick Martin.

viernes, 20 de febrero de 2015

Único animal que realiza a fotosíntesis.

Un estudo da Universidade de Florida descobre como unha babosa de mar verde e brillante poda vivir coma unha planta, alimentándose soamente de luz solar. O traballo publicouse na revista The Biological Bulletin.

A babosa chámase Elysia clorótica, semella á folla dunha verdura, mide apenas seis centímetros e o seu hábitat natural son as costas de Nova Escocia ata o sur de Florida. Aliméntase dunha alga (Vaucheria litorea) da que a babosa decide tomar prestados os seus cloroplastos para levar a cabo a fotosíntesis.

Descubriron que a babosa aprendera a dixerir o alga sen danar os cloroplastos (integrándoos nas células dixestivas), que transforman a luz do sol en comida, xa que conta cos xens da alga indispensables para manter en bo estado os cloroplastos. Trátase do primeiro caso de transferencia xenética funcional dunha especie multicelular a outra (transferencia horizontal), convertindo a esta babosa no primeiro e único animal capaz de realizar a fotosíntesis.

Así confirma que uns dos xenes da alga necesarios para reparar os danos nos cloroplastos e mantelos en funcionamente, está presente no cromosoma da babosa. O xen incorpora no cromosoma da babosa e se transmite á seguinte xeración. A descendencia só precisa roubar os cloroplastos das algas xa que os xens para manter os cloroplastos estan presentes no xenoma da babosa.




viernes, 16 de enero de 2015

PODERÍA HABER DOUS PLANETAS MÁIS NO NOSO SISTEMA SOLAR.

No Sistema Solar podería haber polo menos dous planetas situados máis alá de Plutón, cuxa existencia pasou desapercibida ata agora, Así o suxiren os cálculos dun equipo internacional de investigadores, entre os que se encontran expertos das universidades de Cambridge (Reino Unido), e Complutense de Madrid.

Segundo indican, a presencua de estos corpos permitiría explicar o extrano comportamento orbital danlgúns obxectos tansneptunianos, isto é, aqueles cuxa órbita se encontra situada máis alá de Neptuno. "Este exceso de obxectos con parámetros orbitais distintos a os esperados lévanos a pensar que algunhas forzas invisibles están alterando a distribución dos seus elementos orbitrais.

"A explicación máis probable é que existen dous planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón", indica Carlos de la Fuente Marcos, da UCM, coautor do traballo. "O seu número exacto é incerto, pois os noso datos son limitados, pero apuntan que polo menos hai dous planetas, e que probablemente máis, nos confíns do noso planeta", señala.

Non obstante, no seu estudi, publicado na revista Monthly Notices of the Royal Astronomical Society Letters , estos científicos recoñecen que os datos que aportann chocan co que predín os modelos actuais que tratan de explicar a formación do Sistema Solar, que non conciben a existencia de outros planetas máis alá de Neptuno, e que o seu análisis básase nunha mostra moi pequena, de só trece obxectos, aínda que esperan ampliala nos próximos meses.

CANNABIS SINTÉTICO. MÁIS PERIGOSO?

As recentes mortes de varios homes provocadas polo consumo do cannabis sintético están centrando a súa atención a esta droga cuxa demanda non para de crecer. Según un experto da Universidade Nacional Australiana en Canberra, David Caldicott, "os cannabinoides sintéticos sen duda teñen un potencial de ser moito máis perigosos que o material vexetal natural que supostamente imitan".

Estos compostos de laboratorio, que foron deseñados no seu día para estudar a neurobioloxía do cannabis nos animais, non estaban destinados para o consumo humano pero dado que son bastante simples de sintetizar non é de extrañar que a súa producciób e consumo se disparara entre a poboación máis xoven. De feito, un estudiante de química competente podería "cociñalos" nun laboratorio da súa universidade. Esta falta de complexidade no proceso levou a xerar toda unha industria ilegal,  sin controis, de artesás producindo cannabis sintético.

O experto en psicofarmacoloxía da Universidade de Sidney (Australia), Richar Kevin, é claro neste sentido: "hai unha gran variedade de cannabinoides sintéticos contoxicidad desconocida". ESta producción fortuita xerou lotes moi tóxicos de cannabis sintéticos, responsables das de máis de duas decenas de mortes polo seu consumo e mais de 700 hospitalizados no norte de Rusia só no pasado outono.

"Cando un compra cannabis sintético non pode saber exactamente o que está comprando, polo que está asumindo un gran perigo", aclara Kevin. A pesar de que moitos cannabinoides sintéticos parecen ser relativamente ben tolerados, a moitas persoas provocoulles efectos secundarios como: Lesión renal aguda, ataques de pánico, comvulsións, así como un deterioro da memoria a largo prazo.

GRAN ASTEROIDE ROZARÁ A TERRA O 26 DE XANEIRO.

Un asteroide dun tamaño xa considerable (estímase que medio kilómetro de diámetro) pasará o próximo 26 de xaneiro bastante cerca da Terra. De feito, trátase da primeira rocha espacial deste tamaño que se acerca ao noso planeta desde que se ten constancia. O asteroide foi bautizado como 2004 BL86 e pasará a tres veces a distancia da Terra á Lúa. Será un acontecemento único que non volverá a repetirse ao menos en 200 anos.

Seguundo o Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena California, o instante no que pasará máis cerca da Terra será o próximo 26 luns de xaneiro, que serña cando este se encontre a 1.2 millóns de kilómetros da Terra.

"Se non representa unha amenaza para á Terra nun futuro previsible, representa o paso relativamente cerca dun asteroide relativamente grande, polo que nos ofrece unha oportunidade única de observar e aprender máis" aclara Don Yeomans, director do Programa de Obxectos Cernos á Terra da NASA en JPL.

Polo momento desconócese absolutamente todo sobre este asteroide, polo que os científicos esperan con ilusión os días previos a este acontecemento para realizar todo tipo de análisis e probas coa finalidade de exprimir ao máximo o seu paso pola Terra. Ademáis, o seu tamaño provoca que tanto aficionados como expertos podan ser capacer de observar o asteroide con pequenos telescopios ou binoculares potentes.

O asteroide 2004 BL86 foi descuberto o 30 de xaneiro do 2004 por un telescopio do programa LincolnNear-Earth Asteroid Research (LINEAR), en White Sands, Novo México, e o próximo sobrevoo máis cercano dunha rocha espacial non se repetirla ata 2027 co paso do asteroide 1999 An10.




miércoles, 14 de enero de 2015

OS VIRUS MELLORÁNNOS COMO HUMANOS.

Os retrovirus forman nada menos que un 5% do noso material xenético, ainda que sempre foi considerado que era ADN "basura", "inútil" ou de recheo. Falso. Pois, como apunta un estudio realizado na Universidade de Lund (Suecia), estos microorganismos endóxenos desempeñan un papel fundamental no noso cerebro.

"Observamos que os virus se activaban específicamente nas células cerebrais e que teñen unha función regulatoria. Podería explicar por que as neuronas son tan dinámicas e versátiles, e por que o ser humano é tan diferente de outras especies", explica o xefe de equipo Johan Jakobsson, que levou a cabo o estudo.

Cal é a causa de que se activen específicamente no cerebro? Pois probablemente porque as células nerviosas non se desarrollan tumores, a diferencia do que ocorre noutros texidos.

Este descobremento abre novos camiños ao tratamento e a prevención de tumores, enfermedades neurodegenerativas e trastornos psiquiátricos de orixe xenético, xa que se terán en conta rexións do ADN que antes eran consideradas irrelevantes desde o punto de vista patolóxico.

martes, 13 de enero de 2015

PROXECTO LSST, XIGANTESCO TELESCOPIO.

A edificación del LSST (large synoptic Survey Telescope), verá a luz despois de moitas década e recaudación de fondos.  O novo telescopio, con financiación tanto pública como privada, estará integrado polos científicos da Universidade de Washington (EEUU) e outras institucións.

O novo telescopio, cuxa construcción comezará na próxima primaveira, ubicarase na cima dunha montaña no deserto de Atacama de Chile, no Cerro Pachón, na Rexión de Coquimbo, a 2682m. de altitude. Esta decisión deuse a causa das mellores condicións atmosféricas e co maior número de noites despexadas por ano.

O LSST sera un telescopio de 8.4 metros capaz de examinar a totalidade do ceo visible, isto é, escaneará por completo o ceo cada 3 ou 4 noites coa súa cámara de 3.200 megapíxeles, analizando as imáxenes en tempo real e detectando calquer cambio no ceo en cuestión de segundos. O telescopio espacial Hubble necesitaría de 120 anos para lograr o que o LSST fará en tan só uns días(de feito, espérase que poda chegar a sacar mais de 200.000 fotografías ao ano). Como curiosidade, cando o gran telecopio funcione a pleno rendemento, quererirá mais de 100 Gbs de ancho de banda por segundo.

O custo da súa construcción alcanzará os 700 millóns de dólares e os astrónomos do proxecto esperan recibir os primeiros datos en 2019, ainda que  a súa posta en marcha oficial está prevista para 2021. Unha vez feito, todos os datos e imaxes serán libres, isto é, estarán a disposición de calquera persoa.

O certo é que LSST ofreceranos a película máis grande do ceo, o que permitirá aos científicos rastreas o movemento de miles de millóns de obxectos e ver cómo as estrelas nacen e morren. "Ca súa capacidade para detectar obxectos débiles e mirar os confíns do universo, LSST foi deseñado para facer frente a algúns dos maiores desaíos da astronomía" afirma Steven Kahn, director do proxecto LSST.

viernes, 9 de enero de 2015

Método anticonceptivo sin hormonas e reversible.

Un investigador do Instituto de Biotecnología da Universidade Autónoma de México, descubreu un novo método anticonceptivo para o que non é necesaria a utilización de hormonas e que ademáis é completamente reversible. Este método básase en que as células, os espermatizoides, poseen canales iónicos que lles permite intercambiar substancias químicas co seu entorno, permítelles moverse e fecundar. Ao bloquear estas vías de comunicación, o trueque entre o óvulo e o espermatozoide non se produce e, polo tanto, non existiría a fecundación.

A creación dunha substancia que impida este intercambio químico entre espermatozoide e óvulo suporía un tratamento anticonceptivo orientado aos homes, efectivo, non hormonal e reversible, xa que os seus efectos solo serían patentes mentres se estuvese tomando o fármaco.

"Levamos moitos anos tratanto de entender cómo se moven diferentes substancias a través da membrana do espermatozoide e creemos que temos pistas para poder chegar a un inhibidor específico que poda interrumpir a súa capacidade para fecundar."

Inhibir os cambios de concentración iónica con carga eléctrica dentro e fora da membrana do espermatozoide, sería a clave para impedir procesos celulares como o da fecundación.