viernes, 16 de enero de 2015

PODERÍA HABER DOUS PLANETAS MÁIS NO NOSO SISTEMA SOLAR.

No Sistema Solar podería haber polo menos dous planetas situados máis alá de Plutón, cuxa existencia pasou desapercibida ata agora, Así o suxiren os cálculos dun equipo internacional de investigadores, entre os que se encontran expertos das universidades de Cambridge (Reino Unido), e Complutense de Madrid.

Segundo indican, a presencua de estos corpos permitiría explicar o extrano comportamento orbital danlgúns obxectos tansneptunianos, isto é, aqueles cuxa órbita se encontra situada máis alá de Neptuno. "Este exceso de obxectos con parámetros orbitais distintos a os esperados lévanos a pensar que algunhas forzas invisibles están alterando a distribución dos seus elementos orbitrais.

"A explicación máis probable é que existen dous planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón", indica Carlos de la Fuente Marcos, da UCM, coautor do traballo. "O seu número exacto é incerto, pois os noso datos son limitados, pero apuntan que polo menos hai dous planetas, e que probablemente máis, nos confíns do noso planeta", señala.

Non obstante, no seu estudi, publicado na revista Monthly Notices of the Royal Astronomical Society Letters , estos científicos recoñecen que os datos que aportann chocan co que predín os modelos actuais que tratan de explicar a formación do Sistema Solar, que non conciben a existencia de outros planetas máis alá de Neptuno, e que o seu análisis básase nunha mostra moi pequena, de só trece obxectos, aínda que esperan ampliala nos próximos meses.

1 comentario:

  1. Ola Raquel, a entrada é de plena actualidade e moi interesante. Lese moi ben.Traballa un pouco máis a redacción. Resume, sintetiza. En canto ao formato,estas son as miñas recomendacións: non uses maiúsculas no título, tampouco negrita, utiliza a alineación xustificada, e engade un par de boas ligazóns. Segue así.

    ResponderEliminar