martes, 13 de enero de 2015

PROXECTO LSST, XIGANTESCO TELESCOPIO.

A edificación del LSST (large synoptic Survey Telescope), verá a luz despois de moitas década e recaudación de fondos.  O novo telescopio, con financiación tanto pública como privada, estará integrado polos científicos da Universidade de Washington (EEUU) e outras institucións.

O novo telescopio, cuxa construcción comezará na próxima primaveira, ubicarase na cima dunha montaña no deserto de Atacama de Chile, no Cerro Pachón, na Rexión de Coquimbo, a 2682m. de altitude. Esta decisión deuse a causa das mellores condicións atmosféricas e co maior número de noites despexadas por ano.

O LSST sera un telescopio de 8.4 metros capaz de examinar a totalidade do ceo visible, isto é, escaneará por completo o ceo cada 3 ou 4 noites coa súa cámara de 3.200 megapíxeles, analizando as imáxenes en tempo real e detectando calquer cambio no ceo en cuestión de segundos. O telescopio espacial Hubble necesitaría de 120 anos para lograr o que o LSST fará en tan só uns días(de feito, espérase que poda chegar a sacar mais de 200.000 fotografías ao ano). Como curiosidade, cando o gran telecopio funcione a pleno rendemento, quererirá mais de 100 Gbs de ancho de banda por segundo.

O custo da súa construcción alcanzará os 700 millóns de dólares e os astrónomos do proxecto esperan recibir os primeiros datos en 2019, ainda que  a súa posta en marcha oficial está prevista para 2021. Unha vez feito, todos os datos e imaxes serán libres, isto é, estarán a disposición de calquera persoa.

O certo é que LSST ofreceranos a película máis grande do ceo, o que permitirá aos científicos rastreas o movemento de miles de millóns de obxectos e ver cómo as estrelas nacen e morren. "Ca súa capacidade para detectar obxectos débiles e mirar os confíns do universo, LSST foi deseñado para facer frente a algúns dos maiores desaíos da astronomía" afirma Steven Kahn, director do proxecto LSST.

1 comentario:

  1. Encántame, estás traballando moito. Ligazóns, síntese, alineación, sen negrita. Segue así.

    ResponderEliminar