miércoles, 10 de junio de 2015

Vencer a ansiedade polos exámenes.

Síntomas como a dor de estómago, cansanzo, dor de cabeza e ata náuseas en época de exámenes son os síntomas da ansiedade provocados polos exames que se manifestan fisiolóxicamente. Varios expertos da universidade de Salamnca plantéannos estes consellos para non perder atención e a concentración. 

A ansiedade lévanos a mordernos as unllas, a comer demasiado ou todo o contrario e ata a acentuar os tics nerviosos tales como o movemento das pernas de forma incontrolada. Isto é cando a ansiedade se volve irracional provocando unha perocupación excesiva e constante. 
Para evitar isto recomendanche:

1. Controlar a respiración, de forma completa ou profunda. É o primeiro que debemos practicar e a base de entrenamento conseguiremos aprender a respirar adecuadamente.

2. Relaxación progresiva, que consiste en tensar e soltar certos grupos de músculos que conseguen activar o sistema nervioso parasimpático. Aplicando unha tensión inicial nos músculos permite que logo alcancen un nivel maior de relaxación ao soltalos, que conduce a un estado de relaxación máis acentuado.

3. Rastrear os nosos pensamentos que nos perturban e nos impiden rendir adecuadamente. Localizalos.

4.Unha vez localizados (por exemplo, este exame vaia a ser moi complicado), cuestionarnos a mensaxe e pensar se nos resulta útil ou  non pensar desta forma. E discutindo con nós mesmos chegaremos a un pensamento alternativo neutral que non nos provoque ansiedade (Por exemplo: non teño idea de como será o exame, así que... a estudar!)

5. Cando teñamos localizados os pensamentos debemos paralizalos por completo e sustituilo por un pensamento positivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario