lunes, 27 de abril de 2015

O que agocha o volcán Yellowstone

.A pesares de que os científicos aseguran que só hai unha posibilidade entre 700.000 cada ano de que entre en erupción, o supervolcán que durme no Parque Nacional de Yellowstone (E.E.U.U.) alberga unha cantidade enorme de magma. De feito, moito máis do que crían, segundo confirma un estudo.

Sismólogos da Universidade de Utah comprobaron que a unha profundidade de entre 19 e 45 kilómetros bule unha reserva, que poderia encher once veces o Cañon do Colorado.

En comparación, a cámara margmática máis superficial, o colmaría 2.5 veces. Outro dato revelado pola investigación é que o magma da nova reserva só contén un 2% de rocha fundida, mentres que o resto é rocha sólida, esponxosa e quente. A cámara superior está composto por un 9% de rocha fundida. 

Os expertos insisten en que non aumentou o risco de que Yellowstone desperte; só se conocen mellor os seus interiores, ou a "instalación de fontanería", como o definen os autores do traballo. A cámara subterránea explicaría, por exemplo, a emisión de CO2 á superficie a través do solo ou os geiseres do parque.

Estes resultados obtubéronse analizando as ondas de miles de terremotos, o que permite medir as densidades das rochas subterráneas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario