martes, 21 de abril de 2015

Por que prenden unhas persoas máis axiña ca outras?

Un equipo de científicos das universidades de Pennsylvania, California en Santa Bárbara e Johns Hopkins realizaron un experimento co obxetivo de encontrar a resposta a esta pregunta.

Contaron cun grupo de participantes que mentres aprendian a xogar a un sencillo xogo de notas e cores, os expertos medían as conexións en distintas áreas do cerebro. Os voluntarios tiñan que reproducir as secuencias de notas a través de uns botóns tan rápido como puideran en base a uns códigos que aparecían na pantalla. unha vez acabado o experimento, pideuselle a cada un que practicase na casa durante seis semanas.

Ás dúas, catro e seis semanas, realizáronse probas para observar o avance na práctica do xogo e o cambio no seu cerebro. Así, algúns dos participantes aprendían nunha velocidade inesperada as secuencias musicais e outros aprenderonas dunha forma moito máis gradual.

Os escáners cerebrais revelaron que a actividade neuronal dos primeiros (os que aprenderon máis rápido) era diferente á do segundo grupo que necesitou máis tempo para eso. Concretando, as rexións de procesameno visual e motor presentaba unha alta conectivifdade durante os primeiros ensaios, pero a medida que avanzaba o experimento, ambas zonas ibanse volvendo máis autónomas. Nos participantes que aprenderon máis rápido constatouse unha diminución da actividade neuronal na corteza frontal e na corteza cingulada anterior, ambos vinculados ao que se conoce como función executiva.

A función executiva define habilidades cognitivas como a autorregulacion das tareas, a capacidade para desempeñarlas de forma adecuada. a formación de plans, a anticipación e establecemento de metas ou o inicio de actividades.

Así, o experimento revelouque a deconexión da función executiva pode axudar a aprender outro tipo de tareas. Son as persoas que poden apagar a comunicación de esta parte do seu cerebro máis rapidamente as que presentan tempos de aprendizaxe máis cortos, explica o coautor do estudo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario