viernes, 20 de febrero de 2015

Único animal que realiza a fotosíntesis.

Un estudo da Universidade de Florida descobre como unha babosa de mar verde e brillante poda vivir coma unha planta, alimentándose soamente de luz solar. O traballo publicouse na revista The Biological Bulletin.

A babosa chámase Elysia clorótica, semella á folla dunha verdura, mide apenas seis centímetros e o seu hábitat natural son as costas de Nova Escocia ata o sur de Florida. Aliméntase dunha alga (Vaucheria litorea) da que a babosa decide tomar prestados os seus cloroplastos para levar a cabo a fotosíntesis.

Descubriron que a babosa aprendera a dixerir o alga sen danar os cloroplastos (integrándoos nas células dixestivas), que transforman a luz do sol en comida, xa que conta cos xens da alga indispensables para manter en bo estado os cloroplastos. Trátase do primeiro caso de transferencia xenética funcional dunha especie multicelular a outra (transferencia horizontal), convertindo a esta babosa no primeiro e único animal capaz de realizar a fotosíntesis.

Así confirma que uns dos xenes da alga necesarios para reparar os danos nos cloroplastos e mantelos en funcionamente, está presente no cromosoma da babosa. O xen incorpora no cromosoma da babosa e se transmite á seguinte xeración. A descendencia só precisa roubar os cloroplastos das algas xa que os xens para manter os cloroplastos estan presentes no xenoma da babosa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario