miércoles, 14 de enero de 2015

OS VIRUS MELLORÁNNOS COMO HUMANOS.

Os retrovirus forman nada menos que un 5% do noso material xenético, ainda que sempre foi considerado que era ADN "basura", "inútil" ou de recheo. Falso. Pois, como apunta un estudio realizado na Universidade de Lund (Suecia), estos microorganismos endóxenos desempeñan un papel fundamental no noso cerebro.

"Observamos que os virus se activaban específicamente nas células cerebrais e que teñen unha función regulatoria. Podería explicar por que as neuronas son tan dinámicas e versátiles, e por que o ser humano é tan diferente de outras especies", explica o xefe de equipo Johan Jakobsson, que levou a cabo o estudo.

Cal é a causa de que se activen específicamente no cerebro? Pois probablemente porque as células nerviosas non se desarrollan tumores, a diferencia do que ocorre noutros texidos.

Este descobremento abre novos camiños ao tratamento e a prevención de tumores, enfermedades neurodegenerativas e trastornos psiquiátricos de orixe xenético, xa que se terán en conta rexións do ADN que antes eran consideradas irrelevantes desde o punto de vista patolóxico.

1 comentario:

  1. Moi interesante a posible influencia dos virus no funcionamento do noso cerebro. Recorda, as mesmas recomendacións. Ánimo!

    ResponderEliminar