viernes, 29 de mayo de 2015

Identifican o "Talón de Aquiles" do ébola.

Un equipo de científicos da Universidade de Yeshiva en Nova York e o Instituto de Investigación Médica de Enfermidades Infecciosas, identificaron mediante un experimento con ratóns de laboratorio, unha vía molecular para bloquear que o virus do ébola poda entrar nas células. 

No experimento, os científicos partiron do coñecemento de que o virus se aproveita da proteína NPC1 para introducirse no citoplasma das células, xa que esta axuda a transportar o coresterol dentro da célula. Asé traballaron con ratóns que contaban con dúas copias intactas do xen NPC1 e con ratóns que non tiñas as copias do xen, para confirmar que a proteína era ou non esencial na infección do ébola. 

O resultado ao inocular o virus foi que aqueles que tiñas as dúas copias intactas do xeninfectáronse de inmediato, e os que non posuían as copias, estuveron protexidos contra a infección. 

Creen que o NPC1 pode ser unha especie de "talón de Aquiles" para a infección polo virus do ébola. Os ratos que carecían das copias eran completamente resistentes á infección.

O único inconvinte é que as presoas que carecen de este xen a causa dunha mutación xenética, desarrollan un trastorno neurodexenerativo chamado "Enfermidade de Niemann-Pick", no que as células se bloquean co coresterol e finalmente morren. 

Ademáis, durante o experimento, os investigadores observaron que unha soa copia do xen facía tamen ao ratos resistentes, ainda que non se forma xeral, polo que os fármacos que interfiren na interracción do ébola, poderian proporcionar algún exercicio. 


viernes, 8 de mayo de 2015

Atmósfera alterada polo terremoto de Nepal

Un software desenvolvido polo Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA, en Pasadena, California (EUA) descubriu que o terremoto de magnitude 7,9 na escala Richter que sorprendeu e asolou Nepal o pasado 25 de abril creou ondas de enerxía que penetraron na atmosfera superior da Terra, o que perturbou a distribución de electróns da ionosfera ou termosfera, a zona da atmosfera terrestre ionizada permanentemente debido á fotoionización da radiación solar.

As perturbacións foron controladas mediante os sinais transmitidos polo Sistema de Posicionamento Global(GPS) e recibidos por un receptor GPS situado nunha rexión veciña a Nepal.As medicións desta rexión da atmosfera que está situada entre 60 e 1.000 quilómetros sobre a superficie da Terra foron filtradas con este software de procesamento da NASA e mostraron a distribución -e perturbación- dos electróns da ionosfera.

Os datos revelan que tras a ruptura do terremoto inicial houbo un período duns 21 minutos ata que a perturbación ionosférica provocada polo terremoto chegase a unha estación de GPS situada a uns 640 quilómetros de distancia do epicentro no Tibet (China).

Grazas a este tipo de información os científicos poderán chegar a planificar futuros sistemas de alerta para poder responder con antelación a calquera perigo de carácter natural difícil de detectar como unha erupción volcánica ou un tsunami.

Crean músculos artificiais.

Un equipo de investigadores da Universidade Nacional de Taiwán conseguiu crear un músculo  artificial fabricado a partir de células de cebola. Este innovador tecido que pode expandirse ou contraerse con facilidade dependendo da tensión aplicada.

El objetivo inicial era desarrollar una microestructura mediante ingeniería en músculos artificiales para aumentar la deformación de actuación [la cantidad que el músculo puede doblarse o estirarse cuando se activa]Un día, vimos que a estrutura celular da cebola e as súas dimensións eran similares ao que estiveramos a facer", aclara Wen-Pin, líder do estudo.

Para conseguilo, os científicos pensaron que as células epidérmicas da cebola poderían servir de ferramenta para crear un músculo máis versátil que os desenvolvidos ata o momento (que non poden dobrarse ou contraerse ao mesmo tempo, senón só realizar unha acción cada vez, nun só sentido).O obxectivo era crear un músculo artificial que ao dobrarse, se expandise ou contraxese sen problema.
Para iso, utilizaron as células de epidérmicas da cebola ás que trataron con ácido para eliminar a hemicelulosa, unha proteína que provoca que as paredes sexan ríxidas; máis tarde, revestiron ambos os dous lados da capa de cebola con ouroO resultado foi todo un éxito: ao fluír a corrente a través dos electrodos de ouro, as células de cebola dobrábanse (cunha baixa voltaxe) e estirábanse (cunha alta voltaxe) como un músculo "natural".