lunes, 16 de marzo de 2015

O océano de Ganímedes.

Cada vez obtemos datos máis fiables sobre os posibles "mundos habitables". Agora, segundo o telescopio Hubble da NASA, Ganímedes, a lúa máis grande de Xúpiter, conta cun océano subterráneo de auga  salgada e a cantidade de auga é tal que incluso supera tpda a auga que a Terra ten na súa superficie. 

Este descubrimento presenta un "hito significativo" segundo comenta Jonh Grunsfeld, administrador adxunto da Dirección de Misións Científicas da NASA. "Nos seus 25 anos en órbita, Hubble fixo moitos descubrementos cientícos no Sistema Solar. Un profundo océano baixo a corteza xeada de Ganímedes abre posibilidades moi interesantes para achar vida fora da Terra".

Ganímedes non destaca só por ser a lúa de máis tamaño de Xúpiter, tamén é a únida co seu propio campo magnético á par que a de maior tamaño de todo o noso Sistema Solar. O campo magnético provoca que as auroras circulen polas rexións dos polos norte e sur do satélite.

 Segundo as estimacións dos científicos, ese gran océano subterráneo tería uns 100 kilómetros de profundidade (10 veces máis profundos que os océnanos da Terra) e se encontraría a uns 150 kilómetros por debaixo da corteza de xeo de Ganímedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario