martes, 17 de marzo de 2015

Venres 20 de marzo. Eclipse de Sol.

O venres 20 de marzo de producirá un eclipse total de Sol con o que Europa despedirá o inverno e dará paso á primavera que comeza ese mesmo día as 23:45. A pesares de que non en todo o planeta se verá de forma total, polo menos sí que será visible en Europa, Groenlandi,noroeste deÁfica e nosoeste de Asia.

Se queremos presenciar este fenómeno en todo o seu esplendor e a zoa onde vivimos non é unha das agraciadas para a mellor observación, un equipo de astrónomos do proxecto europeo Gloria, liderado polo astrónomo Miguel Serra-Ricart, observará e transmitirá a través de Internet  o espectacular fenómeno que durará exactamente 2 minutos e 47 segundos. O eclipse comezará en España ás 9:05 e acabará ás 11:18. Os case 3 minutos esperados chegaran ás 10:09.ç

A mellor zoa para velo en España será en Galicia (que chegará a ocultarse o 50% do Sol) e a peor en Canarias.

Os expertos explican que a causa de que o Sol irradia gran cantidade de enerxía, se se observa o desarrollo do eclipse sen as debidas precaucións, a radiación ultravioleta e infravermella pode provocar graves lesións oculares (ata cegueira temporal ou crónica). Desaconséllade ademáis o uso de radiografías, negativos fotográficos ou simples gafas de sol. Os métodos aconsellados son: filtros solares, filtros Mylar, cristais de soldadura con alto factor de protección ou observar o eclipser proxectándoo nunha pantalla utilizando un telescopio, por exemplo.

Este eclipse conta tamén con unha peculiaridade extra, xa que, segundo os rexistros, que desde 1999 non se producía un eclipse total de Sol de estas características no continente europeo. O seguinte eclipse solar visible desde España terá lugar o 21 de agosto de 2017.


lunes, 16 de marzo de 2015

O océano de Ganímedes.

Cada vez obtemos datos máis fiables sobre os posibles "mundos habitables". Agora, segundo o telescopio Hubble da NASA, Ganímedes, a lúa máis grande de Xúpiter, conta cun océano subterráneo de auga  salgada e a cantidade de auga é tal que incluso supera tpda a auga que a Terra ten na súa superficie. 

Este descubrimento presenta un "hito significativo" segundo comenta Jonh Grunsfeld, administrador adxunto da Dirección de Misións Científicas da NASA. "Nos seus 25 anos en órbita, Hubble fixo moitos descubrementos cientícos no Sistema Solar. Un profundo océano baixo a corteza xeada de Ganímedes abre posibilidades moi interesantes para achar vida fora da Terra".

Ganímedes non destaca só por ser a lúa de máis tamaño de Xúpiter, tamén é a únida co seu propio campo magnético á par que a de maior tamaño de todo o noso Sistema Solar. O campo magnético provoca que as auroras circulen polas rexións dos polos norte e sur do satélite.

 Segundo as estimacións dos científicos, ese gran océano subterráneo tería uns 100 kilómetros de profundidade (10 veces máis profundos que os océnanos da Terra) e se encontraría a uns 150 kilómetros por debaixo da corteza de xeo de Ganímedes.

viernes, 13 de marzo de 2015

Xenes do autismo, relacionados coa intelixencia.

A pesares de que o 70% dos autistas padecen unha minusvalía intelectual, algúns non só conservan a súa intelixencia verbal, senon que as veces é superior á media, algo que sempre intrigou aos expertos.

Agora, un grupo de investigardores das universidades de Edimburgo e Queensland analizaron o ADN de 10.00 escoceses á vez que se lles realizou probas para evaluar as súas capacidades cognitivas. Así comprobaron que as persoas sáns con peculiaridades xenéticas asociadas ao autismo sacaban mellores puntuacións nos tests. 

"Sospeitábase que existe unha relación entre o autismo e unha función cognitiva superior, como poñen de manifesto o chamado "Síndrome de Silicon Valley" e moitas historias do cine e a literatura popular. Esta investigación suxire que os supostos xenes do autismo confiren efectivamente unha lixeira ventaxa intelectual a o seu portador cando non sofren o trastorno" explica Nick Martin.