viernes, 13 de marzo de 2015

Xenes do autismo, relacionados coa intelixencia.

A pesares de que o 70% dos autistas padecen unha minusvalía intelectual, algúns non só conservan a súa intelixencia verbal, senon que as veces é superior á media, algo que sempre intrigou aos expertos.

Agora, un grupo de investigardores das universidades de Edimburgo e Queensland analizaron o ADN de 10.00 escoceses á vez que se lles realizou probas para evaluar as súas capacidades cognitivas. Así comprobaron que as persoas sáns con peculiaridades xenéticas asociadas ao autismo sacaban mellores puntuacións nos tests. 

"Sospeitábase que existe unha relación entre o autismo e unha función cognitiva superior, como poñen de manifesto o chamado "Síndrome de Silicon Valley" e moitas historias do cine e a literatura popular. Esta investigación suxire que os supostos xenes do autismo confiren efectivamente unha lixeira ventaxa intelectual a o seu portador cando non sofren o trastorno" explica Nick Martin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario