miércoles, 10 de junio de 2015

Vencer a ansiedade polos exámenes.

Síntomas como a dor de estómago, cansanzo, dor de cabeza e ata náuseas en época de exámenes son os síntomas da ansiedade provocados polos exames que se manifestan fisiolóxicamente. Varios expertos da universidade de Salamnca plantéannos estes consellos para non perder atención e a concentración. 

A ansiedade lévanos a mordernos as unllas, a comer demasiado ou todo o contrario e ata a acentuar os tics nerviosos tales como o movemento das pernas de forma incontrolada. Isto é cando a ansiedade se volve irracional provocando unha perocupación excesiva e constante. 
Para evitar isto recomendanche:

1. Controlar a respiración, de forma completa ou profunda. É o primeiro que debemos practicar e a base de entrenamento conseguiremos aprender a respirar adecuadamente.

2. Relaxación progresiva, que consiste en tensar e soltar certos grupos de músculos que conseguen activar o sistema nervioso parasimpático. Aplicando unha tensión inicial nos músculos permite que logo alcancen un nivel maior de relaxación ao soltalos, que conduce a un estado de relaxación máis acentuado.

3. Rastrear os nosos pensamentos que nos perturban e nos impiden rendir adecuadamente. Localizalos.

4.Unha vez localizados (por exemplo, este exame vaia a ser moi complicado), cuestionarnos a mensaxe e pensar se nos resulta útil ou  non pensar desta forma. E discutindo con nós mesmos chegaremos a un pensamento alternativo neutral que non nos provoque ansiedade (Por exemplo: non teño idea de como será o exame, así que... a estudar!)

5. Cando teñamos localizados os pensamentos debemos paralizalos por completo e sustituilo por un pensamento positivo.


viernes, 29 de mayo de 2015

Identifican o "Talón de Aquiles" do ébola.

Un equipo de científicos da Universidade de Yeshiva en Nova York e o Instituto de Investigación Médica de Enfermidades Infecciosas, identificaron mediante un experimento con ratóns de laboratorio, unha vía molecular para bloquear que o virus do ébola poda entrar nas células. 

No experimento, os científicos partiron do coñecemento de que o virus se aproveita da proteína NPC1 para introducirse no citoplasma das células, xa que esta axuda a transportar o coresterol dentro da célula. Asé traballaron con ratóns que contaban con dúas copias intactas do xen NPC1 e con ratóns que non tiñas as copias do xen, para confirmar que a proteína era ou non esencial na infección do ébola. 

O resultado ao inocular o virus foi que aqueles que tiñas as dúas copias intactas do xeninfectáronse de inmediato, e os que non posuían as copias, estuveron protexidos contra a infección. 

Creen que o NPC1 pode ser unha especie de "talón de Aquiles" para a infección polo virus do ébola. Os ratos que carecían das copias eran completamente resistentes á infección.

O único inconvinte é que as presoas que carecen de este xen a causa dunha mutación xenética, desarrollan un trastorno neurodexenerativo chamado "Enfermidade de Niemann-Pick", no que as células se bloquean co coresterol e finalmente morren. 

Ademáis, durante o experimento, os investigadores observaron que unha soa copia do xen facía tamen ao ratos resistentes, ainda que non se forma xeral, polo que os fármacos que interfiren na interracción do ébola, poderian proporcionar algún exercicio. 


viernes, 8 de mayo de 2015

Atmósfera alterada polo terremoto de Nepal

Un software desenvolvido polo Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA, en Pasadena, California (EUA) descubriu que o terremoto de magnitude 7,9 na escala Richter que sorprendeu e asolou Nepal o pasado 25 de abril creou ondas de enerxía que penetraron na atmosfera superior da Terra, o que perturbou a distribución de electróns da ionosfera ou termosfera, a zona da atmosfera terrestre ionizada permanentemente debido á fotoionización da radiación solar.

As perturbacións foron controladas mediante os sinais transmitidos polo Sistema de Posicionamento Global(GPS) e recibidos por un receptor GPS situado nunha rexión veciña a Nepal.As medicións desta rexión da atmosfera que está situada entre 60 e 1.000 quilómetros sobre a superficie da Terra foron filtradas con este software de procesamento da NASA e mostraron a distribución -e perturbación- dos electróns da ionosfera.

Os datos revelan que tras a ruptura do terremoto inicial houbo un período duns 21 minutos ata que a perturbación ionosférica provocada polo terremoto chegase a unha estación de GPS situada a uns 640 quilómetros de distancia do epicentro no Tibet (China).

Grazas a este tipo de información os científicos poderán chegar a planificar futuros sistemas de alerta para poder responder con antelación a calquera perigo de carácter natural difícil de detectar como unha erupción volcánica ou un tsunami.

Crean músculos artificiais.

Un equipo de investigadores da Universidade Nacional de Taiwán conseguiu crear un músculo  artificial fabricado a partir de células de cebola. Este innovador tecido que pode expandirse ou contraerse con facilidade dependendo da tensión aplicada.

El objetivo inicial era desarrollar una microestructura mediante ingeniería en músculos artificiales para aumentar la deformación de actuación [la cantidad que el músculo puede doblarse o estirarse cuando se activa]Un día, vimos que a estrutura celular da cebola e as súas dimensións eran similares ao que estiveramos a facer", aclara Wen-Pin, líder do estudo.

Para conseguilo, os científicos pensaron que as células epidérmicas da cebola poderían servir de ferramenta para crear un músculo máis versátil que os desenvolvidos ata o momento (que non poden dobrarse ou contraerse ao mesmo tempo, senón só realizar unha acción cada vez, nun só sentido).O obxectivo era crear un músculo artificial que ao dobrarse, se expandise ou contraxese sen problema.
Para iso, utilizaron as células de epidérmicas da cebola ás que trataron con ácido para eliminar a hemicelulosa, unha proteína que provoca que as paredes sexan ríxidas; máis tarde, revestiron ambos os dous lados da capa de cebola con ouroO resultado foi todo un éxito: ao fluír a corrente a través dos electrodos de ouro, as células de cebola dobrábanse (cunha baixa voltaxe) e estirábanse (cunha alta voltaxe) como un músculo "natural".


lunes, 27 de abril de 2015

Manipulan o ADN dun embrión para curalo

Reino Unido aprobou pasado mes de febreiro unha técnica de reprodución asistida que se baseaba na utilización do ADN de tres persoas (con óvulos de dúas mulleres e o esperma dun home) para evitar que ningún bebé naza con enfermidades transmisibles, sobre todo aquelas incurables como a síndrome X fráxil, unha enfermidade xenética rara.

Esta edición xenética borra dun plumazo o debate ético que si apuntaba á técnica de reprodución asistida de Reino Unido polo feito de contar con ADN de alguén máis que non fosen os futuros pais. Pero, a pesar de eliminar este debate ético en concreto, abre un novo: a posibilidade de poñer en práctica o ADN á carta".Esta demostración confirmada de que se pode cambiar o material xenético dunha persoa non só levaríanos a corrixir ou erradicar enfermidades transmisibles senón que poderiamos conseguir que os bebés fosen máis altos, que tivesen os ollos azuis, que foran máis intelixentes.

Neste caso concreto os científicos non editaron o ADN nuclear; unicamente se borrou selectivamente o ADN mitocondrial mudado tanto en óvulos coma en embrións de ratos, descubrindo que unha vez nacidas as crías, todas elas naceron sas. Como opera a técnica? A técnica funciona coma se dunhas tesoiras moleculares se tratase, empregando nucleasas que detecta o ADN alterado e o corta. Este corte non elimina todas as copias mudadas pero si as suficientes para asegurar unha descendencia sa.

Este fito en medicina, que polo momento foi probado con éxito en ratos (o seguinte paso será probalo en seres humanos), foi publicado na revista Cell. A súa posta en práctica nos humanos podería previr, antes de nacer, enfermidades hereditarias como o cancro, a diabete ou as enfermidades neurodexenerativas.



O que agocha o volcán Yellowstone

.A pesares de que os científicos aseguran que só hai unha posibilidade entre 700.000 cada ano de que entre en erupción, o supervolcán que durme no Parque Nacional de Yellowstone (E.E.U.U.) alberga unha cantidade enorme de magma. De feito, moito máis do que crían, segundo confirma un estudo.

Sismólogos da Universidade de Utah comprobaron que a unha profundidade de entre 19 e 45 kilómetros bule unha reserva, que poderia encher once veces o Cañon do Colorado.

En comparación, a cámara margmática máis superficial, o colmaría 2.5 veces. Outro dato revelado pola investigación é que o magma da nova reserva só contén un 2% de rocha fundida, mentres que o resto é rocha sólida, esponxosa e quente. A cámara superior está composto por un 9% de rocha fundida. 

Os expertos insisten en que non aumentou o risco de que Yellowstone desperte; só se conocen mellor os seus interiores, ou a "instalación de fontanería", como o definen os autores do traballo. A cámara subterránea explicaría, por exemplo, a emisión de CO2 á superficie a través do solo ou os geiseres do parque.

Estes resultados obtubéronse analizando as ondas de miles de terremotos, o que permite medir as densidades das rochas subterráneas.




viernes, 24 de abril de 2015

O cannabis provocan falsos recordos.

Excederse co cannabis provoca  naqueles que o conosomen, unha distorsión acentuada dos recordos, facendolles creer que pasaron por situacións que distan moito de parecerse ás reais; isto é, o consumo excesivo e crónico desta substancia psicoactiva, xera falsos recordos, Segundo un estudo español da Universidade Autónoma de Barcelona.s

Os problemas de memoria asociado ao consumo do cannabis non son novos, e conclúen que os consumidores desta substancia tamén teñen maior predisposición a experimentar recordos ficticios.
"Un fenómeno habitual é ter falsos recordos da infancia, que creemos recordar porque as persoas do noso entorno contaronnolas moitas veces".

Os científicos contaron ca participación dun grupo de consumidores crónicos de cannabis e un grupo de control. Todos se someteron a unha proba de memoria con palabras que tiñan que aprender. Tras uns minutos memorizándoas, os voluntarios viron as palabras antigas xunto a palabras novas tanto relacionadas semánticamente con as primeiras como sen ningunha relación. Os participantes tiñas que recordar que palabras pentencían ao primeiro grupo.

Os resultados, contrastados con probas de imaxen por resonancia magnética mentres realizaban a proba, revelaron que os consumidores de cannabis creían ter visto as palabras que estaban relacionada semánticamente coas da primeira lista con maior frecuencia que o grupo de control. Ademáis, os escáners cerebrais mostraron unha menos activación nos cerebros dos consumidores de cannabis na zona asociada ao procesamento dos recordos e ao control dos recusos cognitivos.

A investigación demostra que os consumidores de cannabis sofren as consecuencias desta droga nos mecanismos cerebrais que nos facilitan a distinción entre todo aquilo que é real e o que non o é. Este negativo efecto perdura ainda semanas despois de cesar o consumo, segundo o estudo.